martes, 15 de septiembre de 2009

A XESUS MATO (o cura da montaña)

A XEXUS MATO

Señor cura, señor cura,
Deixa xa de correr tanto;
Para onde vai meu amigo,
Tan cediño polo campo?

Vou a hermida da montaña,
Vou pro santiño da pena,
Vou falarlle os meu amigos
E coidar das suas almas.

Xa tocan a campaniña,
Xa sobe a xente do agro,
Don Xesús sempre correndo
Para decir a misa cedo.

Polo camiño do monte
Vai subindo, vai baixando,
E cura de cen parroquias,
Polas almas traballando.

Co teu pobo Paradela,
A tua xente que te quere,
Oxe es fillo escollido
Entre homes e mulleres.

Entre os prados, entre a vacas,
Entre as frores e entre os toxos,
O teu traballo frorece
I ese esforzo da os seus froitos.

Eres cultura ambulante,
Unha biblia do saber,
Eres un pozo sin fondo
Dauga viva para beber.

O teu carón, moita xente,
Traballou de sol a sol,
Por unha causa ben xusta,
Por un mundiño millor.

A música dun poema,
Un Belén munha canción;
Begonte i as ponxoliñas,
Cebreiro no corazón.

Fuxan os Ventos cantando
As músicas desta Terra,
Xesús Mato fai arranxos
Que triunfan en Compostela.

Ven a Quenlla e fai a festa,
Unha festiña rachada,
Na carballeira de Doncos,
¡viva o viño i a empanada!

Mini e Mero, Mero e Mini,
I os compañeiros cantores,
Por o mundo van levando
Asencia dos teus valores.

Unha vida chea de froito
O froito da tua vida,
Un exemplo no camiño
De traballo nesta viña.

Unha aperta damos todos,
O noso cura bendito,
Que quede o seu nome en pedra,
Polos siglos de los siglos.


Dende Barcelona o teu amigo:
Alfredo González Vilela
Cantautor

No hay comentarios:

Publicar un comentario