A MIÑA PATRIA
Entre montañas nacín,
Nas montañas me criei,
Becerreá e o meu pobo
E Castelo o meu pobín.
Os Ancares están perto,
O primeiro que se vei,
Navia ia Consagrada,
Sarria e Neira de Rei.
O Cebreiro alá no alto,
Museo da raza celta,
E Samos co seu convento,
E Cervantes e Baralla.
Todos son os meus vecñios,
Todos me viron nacer,
I anque vivo aquí tan lonxe,
Sempre Quero alí volver.
Alí teño unha casiña,
Casiña dos meus amores,
A miña mai moi velliña
I o seu fillo está tan lonxe.
Emigrante dende neno
Para estudiar me mnarchei,
Deixei terra, deixei pobo,
Pobo donde me criei.
Xa de mozo viñen lonxe,
Lonxe da terra galega
En percura de trabajllo
Que encontrei en terra allea.
Unha vida, unha familia
Que teño no meu fogar
I os recordos das raices
Cando penso alí voltar.
¡ Ai Galicia os teus filliños
Para lonxe teñen que ir,
Por o mundo adiante moitos
A buscar algún porvir ¡
¡ Non deixes patria querida
Que mais galegos se marchen
Por non ter en ti traballo
A traballar noutros lares.
Agv Lu-16-12-98
No hay comentarios:
Publicar un comentario